Telecomunicacións: Lógrase o acceso ao servizo de telefonía fixa y móbil no parque empresarial.
Deseño e creación da páxina web da Asociación de Empresarios.
O 18 de abril preséntase escrito ante o Ilustrísimo Sr. Alcalde do Concello de Padrón con varias peticións: entre elas, o adecentamiento das parcelas da que es titular y o peche do seu solo, para o control do acceso das persoas no seu entorno ou nas súas parcelas.
Para unha correcta y rápida localización das empresas sitas no Parque faise necesaria a identificación das rúas dándolles nomenclatura específica. A tal efecto engádese á petición ante o Concello unha proposta de nomes aprobada pola Xunta Directiva en sesión extraordinaria celebrada o 4 de febreiro do 2011, co voto favorable de todos os membros.
Petición tamén á Administración Pública Local dunha maior seguridade e vixilancia na área industrial, tendo en conta as irregulares actividades que ocorren no Parque, como pode ser o aparcamento ilegal de vehículos alleos ós propietarios e á actividade normal da zona, ou a convocatoria vía Internet e posterior celebración de carreiras ilegais durante os fines de semana.
Denúncianse ante o Servizo de Protección da Natureza na Guardia Civil o depósito e acumulación de residuos sólidos no solo do polígono.
Solicitud a principios de marzo 2011 al Ayuntamiento de la tramitación de axudas para a mellora de infraestructuras no Parque Empresarial . Coa fecha 23 de marzo recíbese resposta negativa da entidade por falta de crédito.
O 1 de abril remítese a todos os asociados, vía correo ordinario, unha circular solicitando de todos os asociados colaboración e compromiso no mantemento das súas parcelas, mentras non se elabora un Plan de Mantemento e Limpeza do Parque Empresarial en colaboración co Concello.